Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Un San Xoán de xurelos e muxicas

Un San Xoán de xurelos e muxicas
San-Xoan-no-Ezaro-1

Pasou de novo a noite máis máxica do ano. O San Xoán invadíu, máis que nunca, a Costa da Morte. Ducias de praias prenderon as cachelas, cacharelas, laradas, lumeiradas, lumarada, lumiños, fogueiras… e bailaron ao ritmo das orquestras máis marchosas. O San Xoán segue crecendo na bisbarra, e mentres hoxe disfrutamos do festivo a nivel galego, lavamos a cara cas 7 herbas do San Xoán e non pensamos en que o ano que vén teremos que ir traballar o día 24.

E foi onte unha noite especial. A superlúa vixiaba imponente, as mareas vivas mantiñan en vilo medio país, e o vento do nordés levaba as muxicas de viaxe por todo os areais. Menudo triple espectáculo, para engadirlle ao xa hipnotizante queimar das laradas.

Ademais, e dada a falta de capturas, o xurelo foi digno substituto dunha sardiña escasa e cara. Pero o que nunca falla é o churrasco. Ducias de festas decantáronse por rei das brasas, mesmo para completar a fame que abría o xurelo.

Nós estivemos no Ézaro, onde houbo doble cacharela. Aló, a festa durou o que o lume tardou e prender un barco (que simbólica morte a dunha embarcación nas lapas do San Xoán), pois co vento case que non se paraba.

San-Xoan-no-Ezaro-2 San-Xoan-no-Ezaro

Pero tamén estivemos noutros sitios.

San Xoán en Íntegro

Maiores do Centro de Día e Usuarios de Íntegro celebrando o San Xoán

O pasado venres tivo uníronse o Centro de Día de Maiores de Cabana de Bergantiños cos usuarios/as do Centro de Día e ocupacional de ÍNTEGRO e os familiares de ambos centros, para celebrar o San Xoán.
Tratouse dunha xornada lúdica-festiva, onde os/as usuarios/as dun e doutro centro compartiron experiencias, fixeron xogos de psicomotricidade, de bolos, diana, tiro a canasta, karaoke, xogos de mesa...compartiron entre todos e os seus familiares un xantar.

Churrascada da SD Ameixenda

San Xoan en Ameixenda-Foto-Jorge Parri

Os que tamén adiantaron o San Xoán foron os da SD Ameixenda. O pasado venres facían unha churrascada no lugar ceense, e pasaron un día en familia, con Jorge Parri.

San Xoan en Familia da SD Ameixenda Chiringuito da SD Ameixenda no San Xoán -Foto-Jorge Parri

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios