Galería do #SanXoán pola Costa da Morte
Menudo San Xoán que temos na Costa da Morte. Cada ano vai a máis esta festa milenaria, onde a maxia se confunde coa troula. A pasada noite de San Xoán, milleiros de veciños invadiron ducias de praias por toda a contorna para espantarmos as meigas que nos perseguen ao longo do ano. Unha noite para esquecelos malos aires, que xa liberamos pola mañá ca auga das 7 herbas de San Xoán.
Facemos un percorrido polas redes sociais visitando as praias de toda a volta, e de paso facemos parada en Carballo, onde continúan cun completo programa de actividades, despois do sempre esperado concurso de Cachelas.
De cacharelas a lumaradas
Imos dende a Lumarea de Camariñas con guiño encaixeiro, ata a Larada do Ézaro; da cachela do Pindo, ata a Lumarada de Fisterra; da sardiñada de Corcubión ata a noite dos Encantos de Malpica; da cachela da Pereiriña á cacharela do Castelo, ou á de Sardiñeiro…
O Concurso de Cachelas de Carballo
É sempre unha das citas esperadas e os veciños non defraudan. Menudas obras de arte as que fan os veciños de todo o Concello, dende as rúas do centro carballés, pasando pola Milagrosa ou o Sisto.
Tívool complicado o xurado con 14 cachelas espectaculares e tremendamente orixinais. Os gañadores do concurso de #cachelas do #SanXoánCarballo:
1° premio - Torre Infiel
A trunfadora da noite foi esta "Torre Infiel" feita con tubos de cartón na Rúa Chopos. Os seus creadores acadaron o 1º premio, dotado con 600 €.
2° - A Granxa
No Sisto montaron unha Granxa completa e levaron un premio de 250€.
3° - Moto GP
En San Lois houbo campionato de "Moto GP", levando un premio de 175 €.
4° O Muíño do Quixote
O Muíño, que funciona e todo, levou un premio de 125€.
Accésit, A noria (125 €)
Nunha parcela da rúa Buxos atopamos a outra "Noria do San Xoán". Os seus creadores inspiráronse na atracción estrela que hai este ano no San Martiño e, salvando as distancias, a verdade é que case daba o pego.
Novas relacionadas
- Estrea do San Xoán de Carballo 2015: Un San Xoán que é un privilexio.
- Lume para o Programa do #SanXoánCarballo.
- Preparando as 7 Herbas de San Xoán.
- San Xoán: 2014: Polo San Xoán, a chuvia case molla o pan.
- San Xoán 2013: Un San Xoán de xurelos e muxicas.
- San Xoán 2012: Fermosa noite vermella de San Xoán.
- San Xoán 2011: Herbas, sardiñas e lume para unha noite cada vez máis meiga na Costa da Morte.
- San Xoán 2010: O lume bailou a ritmo de blues .
- San Xoán 2009: A Costa tamén vivíu a súa noite meiga a lume lento.
- San Xoán 2008: Un San Xoán sen cacharelas pero con blues e herbas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).