#IFTobaCee: Outro incendio pon en perigo ducias de casas entre Cee e Fisterra

Impresionante imaxe do Incendio IFTobaCee dende Estorde ás 22:30h-Foto-Yolanda Bujeiro
  • Última hora (10:00h): Segue activo o lume en nivel 2. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 180 hectáreas. No lugar están traballando 7 axentes, 15 brigadas e 8 motobombas.
  • Última hora (10:00h): Activo desde as 23:46 horas de onte o lume rexistrado no concello de Vimianzo, parroquia de Carnés (#IFCuresVimianzo). Segundo unha primeira estimación, a superficie afectada é dunhas 70 hectáreas. Traballan no lugar 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas e 5 motobombas.
  • Última hora (8:30h): a zona de Sardiñeiro está controlada. Por arriba (Sembra, Toba...) segue estando activo o lume, pero sen perigo para as casas.
  • Última hora (1:00h): Zona de Sembra parece controlado. Sardiñeiro tamén. Está baixando cara Toba de Arriba.
  • Última hora (0:20h): Un cambio de vento propiciou que as lapas vaian a menos por Sardiñeiro (pero non desaparecen), pero que a zona de Sembra, Toba, o alto de Estorde e Cabaleriza volvan estar en serio perigo.
  • Última hora (0:00h): Mentres por Sardiñeiro parece que as lapas van a menos, informan dun novo incendio entre a zona das Barrosas, na Ponte do Porto (Camariñas) e Cures (Carnés, Vimianzo).
Á media noite prendía un novo incendio nas Barrosas, visto aquí dende a Ponte do Porto
  • Última hora (23:30h): Rúas Pombal, Lagares e Xesteira de Sardiñeiro desaloxadas ao pavillón fisterrán, onde xa teñen todo.
  • Última hora (22:30): A Rúa Palomar de Sardiñeiro xa está desaloxada. Hai un dispositivo de emerxencia no pavillón municipal, onde están chegando evacuados.
  • Última hora (22:30h): as lapas tamén ameazan Guimareu. A xente está alerta e avisada.
  • Última hora (22:15): As lapas ameazan varias casas de Sardiñeiro. Piden que os veciños afectados vaian desaloxando as súas casas.
  • Última hora (22:15): cortada a vía rápida entre Cee e Fisterra. Utilicen a estrada por Estorde.
  • Última hora (21:30): o lume da Nave (Fisterra) que parecía controlado dende o medio día volveu prender arredor das 20:30h.
O Incendio comezaba en Sembra, lugar que tivo que ser desaloxado-Foto-Rafa Quintáns
Incendio en Toba Cee pola tarde-Foto-Dario Gomez Mentres a Xunta informa de que os incendios de onte de Ameixenda-Caneliñas-Gures e Duio-Fisterra están controlados (con 100 hectáres arrasadas o primeiuro e máis de 20 o segundo), a comarca fisterrá volve estar completamente alerta. Arredor das 18:00h da tarde comezaba a verse dende a ría de Corcubión un fume no alto do monte de Sembra, o que deixa entrever que este non puido ser por mor dunha simple imprudencia. O forte vento rápido fixo saltar as alarmas dos medios de extinción, e as lapas e o fume corren dende entón cara o sur, cara Fisterra. Arredor das 20:00h, varias vivendas de Sembra e Cabaleriza eran desaloxadas e trasladadas ao Centro Social de Cee. A xente do camping de Estorde foi evacuando a medida que o fume facía irrespirable a zona. A fumareda superaba Sardiñeiro e mesmo chegaba á Langosteira, case pola Vía Rápida. Ás 21:00h, a Xunta declaraba o incendio ceense de nivel 2, tras superar ademais as 20 hectáreas arrasadas e o denominaba #IFTobaCee. A estas horas (22:00h), os medios de extinción seguen traballando, o incendio segue moi activo, e a cousa pinta moi mal. [fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10154312071772177/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] [video width="1280" height="720" mp4="/media/quepasanacosta/files/2016/08/10/Incendio-de-Toba-en-Sardineiro.mp4"][/video]

Esta foi a primeira foto que nos chegaba do incendio no alto de Toba dende Cee-Foto-Stoupa
Os medios traballando pola tarde en Sembra-Foto-Rafa Quintáns
Os medios en Sembra-Foto-Rafa Quintáns
Zona de Sembra pola tarde-Foto-Edu Leal
Moitas casas foron desaloxadas en Sembra e Cabaleriza-Foto-Edu Leal
O IFTobaCee dende dentro-Foto-MA
Incendio dende a via rapida entre Cee e Fisterra
A vía rápida entre Cee e Fisterra pechouse arredor das 22:00h- Hai que ir por Estorde
IF Toba Cee-Marta Sambade desde a Lagarteira
Asi estaba Sardiñeiro ás 21:00-Foto-Irene Pena
O lume xa preto das casas de Sardiñeiro ás 22:00h
Foto dende a Armada das 21:30h-Nerea Sambade
Vistas dende o Castelo en Fisterra sobre as 21:00h-Foto-ISa
IFTobaCee en Sardineiro as 22:30-Jose Canosa Barrientos
Á mesma hora (22:30h) segue outro foco activo en Toba visto dende Lobelos-Foto-Francisco Cives
Fotos do incendio en Sardiñeiro ás 23:00h, si, de noite-Maria Jose Martínez [fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10154312303052177/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]  

#seveslume085

Agracedemos e invitamos aos usuarios de QPC que nos fagan chegar as súas imaxes e impresións a través do noso Facebook e o noso Twitter, e a través do whatsapp (637 704 893). A resposta de onte foi espectacular e os lectores de QPC achegáronnos máis dunha ducia de imaxes dende varios puntos da comarca para manternos informados. E lembramos tamén, como fai a Consellería do Medio Rural e do Mar, que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. #seveslume085  

Incendios forestais 2016

Incendios forestais 2015

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).