#IFTobaCee: Outro incendio pon en perigo ducias de casas entre Cee e Fisterra

22:51 10/08/16

- Última hora (10:00h): Segue activo o lume en nivel 2. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 180 hectáreas. No lugar están traballando 7 axentes, 15 brigadas e 8 motobombas.
- Última hora (10:00h): Activo desde as 23:46 horas de onte o lume rexistrado no concello de Vimianzo, parroquia de Carnés (#IFCuresVimianzo). Segundo unha primeira estimación, a superficie afectada é dunhas 70 hectáreas. Traballan no lugar 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas e 5 motobombas.
- Última hora (8:30h): a zona de Sardiñeiro está controlada. Por arriba (Sembra, Toba...) segue estando activo o lume, pero sen perigo para as casas.
- Última hora (1:00h): Zona de Sembra parece controlado. Sardiñeiro tamén. Está baixando cara Toba de Arriba.
- Última hora (0:20h): Un cambio de vento propiciou que as lapas vaian a menos por Sardiñeiro (pero non desaparecen), pero que a zona de Sembra, Toba, o alto de Estorde e Cabaleriza volvan estar en serio perigo.
- Última hora (0:00h): Mentres por Sardiñeiro parece que as lapas van a menos, informan dun novo incendio entre a zona das Barrosas, na Ponte do Porto (Camariñas) e Cures (Carnés, Vimianzo).

- Última hora (23:30h): Rúas Pombal, Lagares e Xesteira de Sardiñeiro desaloxadas ao pavillón fisterrán, onde xa teñen todo.
- Última hora (22:30): A Rúa Palomar de Sardiñeiro xa está desaloxada. Hai un dispositivo de emerxencia no pavillón municipal, onde están chegando evacuados.
- Última hora (22:30h): as lapas tamén ameazan Guimareu. A xente está alerta e avisada.
- Última hora (22:15): As lapas ameazan varias casas de Sardiñeiro. Piden que os veciños afectados vaian desaloxando as súas casas.
- Última hora (22:15): cortada a vía rápida entre Cee e Fisterra. Utilicen a estrada por Estorde.
- Última hora (21:30): o lume da Nave (Fisterra) que parecía controlado dende o medio día volveu prender arredor das 20:30h.


















#seveslume085
Agracedemos e invitamos aos usuarios de QPC que nos fagan chegar as súas imaxes e impresións a través do noso Facebook e o noso Twitter, e a través do whatsapp (637 704 893). A resposta de onte foi espectacular e os lectores de QPC achegáronnos máis dunha ducia de imaxes dende varios puntos da comarca para manternos informados. E lembramos tamén, como fai a Consellería do Medio Rural e do Mar, que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. #seveslume085Incendios forestais 2016
- 10-08-16: Abriuse a veda dos incendios e despois de Cee tócalle a Fisterra e Muxía.
- 09-08-16: Cee sofre o primeiro gran incendio do verán.
Incendios forestais 2015
- 23-07-15: Coristanco tamén rexistrou un forte incendio que afectou a 23 hectáreas.
- 15-07-15: Un novo incendio arrasou case 10 hectáreas en Coucieiro.
- 14-07-15: Extinguido o incendio que arrasou con 42 hectáreas en Berdoias.
- 19-06-15: Un novo incendio provocado arrasa o monte de Serres.
- 16-06-15: Un incendio en Vimianzo calcina parte dunha explotación gandeira.
- 09-06-15: Gures estrea a tempada de incendios.
Novas relacionadas
- Os axentes forestais critican, un ano máis, a falta de prevención.
- Unha de prevención: A Xunta gastou no lume do Monte Pindo 14 veces máis do que invertira anteriormente.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).