Os irmáns Fran e Carlos Barcia Trashorras compartiron o recoñecemento como Camariñáns do Ano

Tras montarnos na procesión marítima, envexa de toda a comarca, o pobo de Camariñas trasladouse á praza do Concello para homenaxear a dúas persoas moi especiais. Este ano, o recoñecemento como "Camariñán do ano" das Festas do Carme foi compartido, e en clave musical.  Os irmáns Fran e Carlos Barcia Trashorras foron os galardoados.

Ambos son músicos dende o berce e a súa arte e compromiso coa nosa tradición están fóra de dúbidas. Formaron durante anos parte da banda Samarúas, e a dúa de hoxe Carlos é un dos integrantes da banda das Tanxugueiras (non faltaron para ver a cita , e Fran demostra o seu arte con Budiño ou con Os do Fondo da Barra. Non faltaron na cita as Tanxugueiras para ver aos seus amigos como grandes protagonistas.

Máis novas