Camariñas, a envexa das procesións marítimas do Carme

Falamos sempre do potencial que teñen as procesións marítimas da Virxe do Carme, un dos grandes tesouros etnográficos da nosa comarca. E entre todas as citas da completísima axenda do Carme, a envexa da comarca é a procesión de Camariñas. A deste 16 de xullo foi absolutamente espectacular, e hai que vivila para sentir a emoción e devoción que pon o pobo de Camariñas.
Así foi o seu paso por Muxía e volta cara Camariñas, cazado neste vídeo por Felipe Sar.
Á danza de Arcos sumánoslle a campal procesión marítima e xa temos unha Virxe do Carme espectacular. Camariñas para estas festas é inigualable!!
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) July 16, 2024
Vídeo tremendo de FelipeSar! pic.twitter.com/9jdJnJNC2f
Danza de Arcos
Espectacular tamén a danza de Arcos, outro tesouro etnográfico de Camariñas, que precede á procesión, acompañando a Virxe dende a Igrexa ata o barco.
A vila mariñeira de Camariñas vive un día cheo de emoción e devoción pola Virxe do Carme
— Galicia Confidencial (@Gconfidencial) July 16, 2024
⛴️🌊
Presentamos a Danza dos Arcos, como primeira entrega de 'Galidanzantes' xa en 👉🏻 #galiciaconfidencial
Coñecías este Danza? Cal outra destacarías? #danza #cultura #galicia #camariñas pic.twitter.com/nt00qT2tTa
Camariñáns do Ano
Por Muros
Para ver o potencial das festas do Carme, podemos comprobar como estaba o peirao de Muros na xornada de onte.
