Máis de 60.000 persoas visibilizaron os produtos dos 12 comercios de encaixe de Camariñas

Rematou a segunda edición da Mostra Virtual do Encaixe, a vea máis comercial desta artesanía centenaria. E fíxoo cun alcance, a través das redes sociais, de máis de 133.000 persoas, o que supón unha cifra máis que interesante para amosar os produtos dos comercios locais camariñáns, o principal obxectivo desta cita dixital. De feito, as ofertas especiais dos 12 postos participantes foron vistas por 61.018 persoas.

O pasado domingo foi a clausura e a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, pechou a sesión esperando “que en outubro, con tódalas garantías sanitarias, se poida celebrar a tan desexada 30ª edición da Mostra do Encaixe” e a directora do evento, Dolores Lema, agradeceu “inmensamente a todas as persoas que non se ven pero que fixeron posible que se levase a cabo este evento”.

Foron un total de 56 publicacións, tendo un impacto moito maior a través do Facebook, perocon incidencia tamén no Youtube ou na propia web mostra.es.

 

Novas relacionadas