Venres. 29.03.2024
El tiempo

O relevo xeracional, protagonista nunha Mostra de Encaixe de tradición e vangarda

Desfile de María Campaña na Mostra do Encaixe
Desfile de María Campaña na Mostra do Encaixe
O relevo xeracional, protagonista nunha Mostra de Encaixe de tradición e vangarda

Máis de 21.500 persoas pasaron esta longa Semana Santa pola XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas. Unha cita que volve demostrar que é todo un referente a nivel estatal convertindo unha artesanía cententaria, nun elemento de vangarda no mundo da moda e un verdadeiro motor económico.

Demostracións en vivo, música, desfiles de moda, exposición e mostra de produtos, mercado gastronómico, proxeccións… foron 5 días de cultura cen por cen costeira, coa presencia de 15 delegacións de encaixeiras internacionais (Bélxica, Bulgaria, Croacia, Estonia, Francia, Inglaterra, Italia, Japón, Polonia, Portugal, República Checa, Rusia e Suiza) e cunha fermosa combinación de idades que demostra que o Encaixe é un punto de encontro entre xeracións.

Desfile de María Campaña na Mostra do Encaixe

Así o demostraron iniciativas singulares como o Pequeencaixe ou as Encaixeiras Sénior, que maridan á perfección para dar o relevo da súa tradición encaixeira ás novas xeracións. Unhas 40 nenas participaron no Encontro de encaixeiras/os infantís, mentres que o desfile das ‘Encaixeiras Sénior’ estivo cheo de simbolismo. Elas son algúns dos exemplos do que significa manter viva unha tradición e un arte que, grazas á súa labor, consegue perdurar no tempo e reinventarse.

Encaixeiras Senior na Mostra do Encaixe

Unha pequena encaixeira na Mostra do Encaixe

Desfiles de grandes deseñadores

Desfile Grandes Deseñadores na Mostra do Encaixe

Durante os cinco días un total de 11 firmas da categoría de ‘Grandes Deseñadores’ subíronse ás pasarelas da Mostra para amosar as súas creacións con encaixe. Este ano, a Mostra contou coa presenza de Amaya Fernández, Ana Cabranes, Claudina Mata, Dolores Cortés, Edith del Valle, Esteban Freiría, María Campaña, Lalacó Atelier, Sara Lage, Twin and Chic e Noriko Hashizume.

Carlos Bardullas foi un dos nomes propios dos desfiles. O estilista internacional abraiou ao público coa súa colección ‘Son do Mar’.

Desfile Carlos Bardullas II copia

Concurso de Noveis Deseñadores

Desfile Noveis 1

Un dos eventos que mellor serviron para que Camariñas dese ese salto á vangarda do mundo da moda é o Concurso de Noveis Deseñadores, que atrae a ducias de novos creadores con gañas de expoñer o seu traballo. Este ano participaron un total de 29 mozas e mozos de 15 escolas de moda, con deseñadores procedentes de toda Galicia, Portugal, Asturias, Barcelona, Sevilla, Granada, Baleares, Zaragoza, Alicante e Madrid. Os premios (dun total de 4.500€) son un gran aliciente.

Yolanda Román Vázquez foi a na gañadora de Noveis Deseñadores coa colección “No quiero tener que ser valiente”. Poetic, de Álvaro Castillo Amomdaray acadou o segundo posto do certame, mentres que Fire walk with me, de Laura Pedrouso Vieiro e Alba Vidal Pazos, quedou en terceiro lugar.
Ademais, por primeira vez na historia do concurso, produciuse un empate no Premio especial do público, que recaeu nas mans de Flávia Alves José (pola súa colección Red Ashes) e de Rubén Costa (por La Sororité).

Foto grupo dos Desenadores Noveis da Mostra do Encaixe de Camarinas 2019

Inclusión

A Asociación Íntegro tamén estivo na Mostra para amosar que todo o mundo ‘encaixa’. Ademais da exposición dun mural do cartel promocional do evento, realizado integramente polos usuari@s. tamén levaron produtos da súa marca propia, ‘Bicos de Amora’, que teñen xabóns, velas e bixutería con fins solidarios.

Voluntari@s da Mostra

A Mostra do Encaixe de Camariñas non sería posible sin a inestimable colaboración de Protección Civil, corpos de seguridade, servizos de limpeza, o persoal do Concello Nel Sestayo, Ana Martínez, Juan Canosa, Manuel Mouzo, Jesús Rocha, Mario Dios, Jesús Andrade, José Manuel Tedín, José María Villar, Luis Carreira e Sesé Pasantes. E como non, os os nosos voluntarios e voluntarias. Gracias a Olaia Raimúndez, Ainhoa Toba, Brais Blanco, Minia Calvo, Fran Carril, Jéssica Canosa, Pablo Suárez, David Presno, Ángela Pérez, Aitana Pérez, Brais López, Pablo José Mouzo, Brais Nión, José Manuel Blanco, Patricia Menéndez, David González, M. Celeste Momberg, Javier Verdote-Martín, Patricia Laíño, Daniel Fernández, Fabiana Colaiacovo, Iago Fernández e Silvia Martínez.

Voluntarias e voluntarios Mostra de Camariñas 2019 copia

Novas relacionadas

Comentarios