Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mar de Fábula e os mariñeiros únense para limpar un coído en Camariñas

Mar de Fábula e os mariñeiros únense para limpar un coído en Camariñas
- Última hora: Unha vez que os pronósticos coinciden en anunciar risco de chuvias para o sábado día 14 e unha situación de inestabilidade en todo o fin de semana, Mar de Fábula vese obrigado a retrasar este traballo de limpeza, fixando en principio, novo día de convocatoria, sábado 21 de xaneiro. coido-punta-caghada-camarinas A limpeza levarase a cabo no coído de punta Caghada, de Camariñas Este sábado, 14 de xaneiro, ás 11 horas xuntaranse no porto de Santa Mariña - en Camariñas - membros da asociación Mar de Fábula, mariñeiros e todos os voluntarios que o desexen co fin de limpar o lixo plástico que invade o coído de punta Caghada. Para os traballos de limpeza, que terán unha duración de aproximada de dúas horas, contarán co soporte loxístico do concello de Camariñas. "O 90% do lixo que aniña na zona son botellas de plástico que durarán alí centos de anos se nós non o remediamos", indican dende a entidade ecoloxista. Outro dos empeños de Mar de Fábula é a retirada dos micro plásticos, como os bastonciños, que supoñen un dos maiores riscos para o ecosistema mariño. coido-punta-caghada A maior parte do lixo do coído de punta Caghada son botellas de plástico Acceso Para acceder a esta zona, camiñarase dunrante media hora dende o porto de Santa Mariña por unha zona difícil polo que este traballo de limpeza só está recomendado para adultos que precisan dun calzado axeitado. Unha gamela achegarase ao coído co fin de cargar os sacos de lixo, sempre e cando as condicións marítimas o permitan. Mar de Fábula fai un chamamento á toda a cidadanía para que se sume a estes traballos de limpeza dun lugar emblemático da Costa da Morte. Os voluntarios que desexen participar deberán contactar previamente coa asociación a través do número de teléfono 608 609 042. Novas relacionadas Fonte   

Comentarios