Martín Castiñeira Vidal, novo Presidente de NNXX de Camariñas

Seguen formalizándose as Novas Xeracións dos Concellos da Costa da Morte. Se xa temos constancia do traballo das de Cee e de Fisterra, hoxe imos ata Camariñas, onde este sábado, a partires das 13:00h na Casa de Pedra, elexirán ao novo presidente.

O elexido será Manuel Castiñeira Vidal, que en plena campaña electoral, tentará "convencer aos centos de xóvenes do Concello para que se unan a un proxecto que necesita da participación de todos e poidamos chegar a bo porto tanto nas eleccións nacionais do 20-N".

Na designación de Martín Castiñeira Pérez, estarán presentes o Secretario de Organización, José M. Campana, así como o Presidente Rexional e provincial de NN.XX, ademáis da parlamentaria de Carnota, Marisol Piñeiro, que acompañarán así a todo o Comité Local do PP que preside Daniel Rego, e os veciños e sobre todo xóvenes que se unirán a esta presentación da nova directiva xuvenil e que dende este mesmo sábado xa se poñen a traballar para axudar co seu ímpetu e a súa laboura a que Mariano Rajoy sexa o próximo Presidente do Goberno de España.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP Camariñas.
  • Foto do Diario Camarinan.