As charlas sobre saúde das NNXX foron todo un éxito de participación

14:43 10/11/10

Vindeiras citas
A próxima cita é este venres, día 12, ás 20:30 horas no mesmo lugar. Pero esta vez a conferencia estará relacionada coa diabetes e outras patoloxías renais. A persoa encargada da mesma será Cándido Díaz Rodríguez, nefrólogo e Director médico do Hospital Virxe da Xunqueira, esperando a mesma participación e incluso máis.En decembro para os máis novos
Estas son algunhas das actividades programadas pola agrupación de Novas Xeracións do partido popular e no mes de decembro estará destinado aos máis novos. Ademais o día de Noiteboa sairán a rúa cun Belén Viviente animando esa tarde con panxoliñas, polo que se convoca a todos os colexios, coros e xuventude que se queren participar no mesmo deberán de poñerse en contacto coa organización. Pero isto non é todo, xa que aqueles rapaces e entrenadores adicados ao fútbol, contarán cun curso orientado a lesións e calentamentos no mundo dese deporte.Novas relacionadas
- O Concello de Fisterra prepara unha morea de actividades culturais ata o Nadal.
- As NNXX artellan un programa de actividades para nenos e maiores.
Fonte
- Nota de prensa das NNXX de Fisterra.