Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Nuria Liria expón no Museo de Man

Obra de Nuria Liria
Nuria Liria expón no Museo de Man

​Nuria Liria é unha pintora madrileña cun forte vínculo galego, concretamente con Corme. Coñece e inspírase no mar de Corme dende hai xa máis de tres décadas. E adora a luz, as praias e os atardeceres galegos.

Da man de Ponteceso Cultura Pemanente expón a súa pintura ata finais de abril no museo Man de Camelle. Alí pódese ver o a súa particular mirada da Costa da Morte, de recunchos especiais cun encadre diferente. Ademais, Nuria pinta algas, algo moi característico na súa obra e a visión das cales nos achega a ese mar que ela tanto admira.

A paisaxe é a súa forma de expresión e a Costa da Morte e a serra de Guadarrama son a súa fonte de inspiración.”Auga, luz, atmosfera e a forza da natureza... Os seus lenzos atrapan momentos máxicos e o visitante entra nesa maxia cando se sitúa fronte a eles”, explícannos dende o colectivo pontecesán.

Comentarios