O Club Náutico de Camariñas abre accións xudiciais contra a ex concesionaria do Bar

Fai pública esta semana o Clube Náutico de Camariñas ante as últimas e crispadas novidades arredor da concesión do Bar-Café do clube.

A entidade realizaba a semana pasada unha Asemblea á que non deixaron pasar aos fotógrafos da prensa, i é que os ánimos están caldeados. Polo de pronto a Directiva non renovou á concesión a empresa Viproga Servizos, empresa vencellada á familia do voceiro do PP Daniel Rego, que xa se quixo desmarcar publicamente da problemática.

Pero as chaves seguen sen ser entregadas, segundo denunca a Xunta Directiva do Clube, a pesar de ter orde de abandonar as instalacións dende o pasado 27 de xaneiro. E tras "agotar todas as posibilidades para conseguir que se cumpra o mandato emanado da asemblea extraordinaria do pasado 17 de decembro, o vencimiento do contrato de ocupación das instalacións denunciado en tempo e forma", o Clube asegura que "non queda máis opción que iniciar as accións xudiciais".

Así mesmo avisan de que de momento "o Club Náutico é totalmente alleo ao funcionamento do Bar e ao servizo que nel poida prestarse" e "mentres se prolongue esta situación irregular e extraordinaria, suspende todos os actos de carácter institucional, así como calquera tipo de eventos ou celebracións que puidesen ter lugar nas dependencias actualmente ocupadas polos antigos concesionarios".

Máis información

Novas relacionadas