Mércores. 19.06.2019
El tiempo

O PP de Camariñas desmárcase do caso Náutico

O PP de Camariñas desmárcase do caso Náutico

O PP no Concello de Camariñas quere hoxe desmarcarse do intento de involucrar as súas siglas no conficto do Club Náutico. A non renovación da concesión do bar do Náutico está a crear un serio problema na vila, mesmo chegando ás amenazas.

Así, o PP de Camariñas "está vendo con gran preocupación, como nas últimas semanas, estase tratando de vincular e manipular as siglas do noso partido coa participación de socios no conflicto que mantén aberto o Club Náutico de Camariñas": Considera estas manobras unha "falta de respeto absoluta hacia militantes e simpatizantes do PP" e afirma que "estaremos vixiantes ante as persecucións políticas perpretadas dende o Concello de Camariñas".

Argumentan que "do grupo dunhas 15 persoas entre membros do Comité Local e Concellais , hai tan só dúas persoas que son socias do Club. De seguro que outras formacións políticas, entre os seus membros dirixentes, teñen máis socios na entidade náutica camariñana que o propio PP".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Camariñas.

Comentarios