Venres. 29.03.2024
El tiempo

O mar aínda non chega ás escolas de Camariñas

O mar aínda non chega ás escolas de Camariñas

A pasada semana presentábase en Corcubión o programa O Mar na Escola. Un programa que nacía hai 10 anos en Camariñas, pero que neste curso, non chegará ás escolas do Concello palilleiro. Polo menos, polo de agora.

Así o denuncia o PP camariñán que consider culpable ao concello camariñán de non participar este ano no proxecto. Califican de "irresponsabilidade, ineptitude e desidia dos concellais socialistas" o feito de que o Colexio Areal de Camariñas, o máis lonxevo nestas lindes, non participar na iniciativa por mor do Plan de Axuste.

Así e todo, chega unha crítica pero nunca unha suma. I é que aínda é posible que o Colexio aínda se una ao proxecto, para empezar un pouco máis tarde. Pero para iso sería necesario que todos os partidos unan forzas e xunten os fondos necesarios para que os fillos de todos os camariñáns poidan saír a navegar. Así, mentres é necesario facer que as empresas se involucren na iniciativa, os grupos continúan afundindo na crise política camariñá.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios