O Faro Vilán e a Casa da Cultura de Vimianzo acollen novas exposicións artísticas

Novas exposicións locirán esta Semana Santa en dous puntos estratéxicos da Costa da Morte. A pintura alemana-muxiá invadirá a Casa da Cultura de Vimianzo, mentres que a sensibilidade xapo-galega fará que a visita ao Faro Vilán sexa completa de sensacións.

O Alemán de Muxía en Vimianzo.

Chámanlle o Alemán de Muxía, pois este artista está afincado na vila da Barca dende hai tempo. Por iso, encaixa perfectamente no programa “Orgullosos do noso”, facendo que sexan artistas locais os que enchan de cultura a Sala de Exposicións Antón Mouzo, da Casa da Cultura de Vimianzo. Unha sala pola que xa teñen pasado numerosas figuras da zona, e que este venres ten nova estrea.

Este venres 27 de marzo, ás 20:00h, toca a inaguración exposición de pintura Costa da Morte de Detlef Kappeler. IUnha mostra que estará visible ata o 24 de abril, en horario de luns a venres de 9:00h a 20:00h e os s´sabados de 9:00h a 13:00h.

A sensibilidade toma o Faro Vilán

A sensibilidade da obra “A dama do pobo das flores” de Ana Adoitar, coa colaboración de YanoYoro e Francisca García Jáñez, xa enche sala de exposicións do Faro Vilán en Camariñas. Cadros, haikús e obis conforman esta visión xaponesa da vida cotiá na que a pintura, a palabra e a sutileza danse a man.

A artista propón ao espectador un dobre xogo. Por unha banda, asociar cada esposa do príncipe cun cadro e, por outro, buscar en cada pintura a esa discreta e enternecedora muller. Suxire así un diálogo continuo entre a imaxe e o receptor. Cada unha das mulleres fala por si soa.

A Visita libre e gratuita ata o 26 de abril de 2015.

Novas relacionadas

Sala de Exposicións Antón Mouzo de Vimianzo, Orgullosos do noso

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).