Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Co outono, as exposicións toman o relevo das festas

Co outono, as exposicións toman o relevo das festas

Chegado o outono e notamos na Axenda Costa da Morte que as exposicións substitúen ás festas. Pero o importante é que actividade non decaia, e se trocamos cultura por troula, non saímos mal parados. Hoxe imos ata Camariñas en Vimianzo, onde dúas exposicións invaden xa os espazos culturais máis respectados dos dous concellos.

Nolo Suárez en Vimianzo

Nolo Suarez con Lema Suarez en Vimianzo

Intensa foi a inauguración do pasado venres da exposición de pintura de Nolo Suárez na Sala de exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura de Vimianzo.

Numerosos veciños da volta achegáronse para escoitar as verbas deste veterano pintor vimiancé, que tn exposto a súa obra en diversas galerías, museos e salas de exposicións e mostras internacionais de Galicia e Portugal. Un pintor que foi seleccionado pola Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia para expoñer de maneira itinerante en Lugo e na Coruña coa mostra individual “Confluentes” e expuxo en mostras organidas polos concellos de Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa.

A súa exposición estará aberta na Sala de Exposicións Antón Mouzo, na Casa da Cultura, até o día 13 de decembro. De luns a venres poderase visitar de 9:00 a 20 h e os sábados de 10:00 a 13:00h.

Inauguracion da expo de Nolo Suarez en Vimianzo

Arte do silencio no Faro Vilán

Inauguracion da expo de Maria Munoz Conde no Faro Vilan

Aínda que por fora o Faro Vilán de Camariñas está en obras (para reparar a fachada), a súa sala de exposicións está de estreo con unha nova exposición que se inaugurou o pasado domingo. Trátase da exposición "Do Silencio" de María Muñoz Conde, que alberga obras de escultura, pintura, debuxo e gravado. Moito detalle, moita arte, nesta mostra que se poderá visitar ata o 30 de novembro (de mércores a domingo).

Todo, coma sempre, da man da activa Asociación de Empresarios Turísticos de Camariñas, que seguen facendo do Faro Vilán un epicentro cultural na bisbarra.

Expo de Maria Munoz Conde no Faro Vilan

Máis novas do Vilán

Máis novas de Vimianzo

Comentarios