O Obradoiro de Emprego soneirán sinalizará un Sendeiro polo Río Grande e a Ruta dos Naufraxios
22 alumnos traballadores levan implicados no Obradoiro de Emprego da comarca Terra de Soneira dende o pasado 30 de outubro. Son 6 meses de traballo e case no seu ecuador, a directora do Obradoiro, Paloma Lambás, encargouse de explicar aos alcaldes os avances nos proxectos que están desenvolvendo.
Os alcaldes aproveitaron para falar sobre como apoiar e fomentar a Formación Profesional na comarca, pero a xuntanza centrouse bastante no Obradoiro. I é que o módulo de Interpretación e Educación Ambiental está sendo tremendo interesante, enfocado a crear unhas topoguías e folletos sobre os recursos naturais e patrimoniais da bisbarra.
O "Sendeiro Río Grande" será o principal foco, creando unha guía completa e sinalizando toda unha ruta a través da arteria fluvial. Un roteiro ademais xa coñecido dende o Concello vimiancés, que o curso pasado artellaba unha fantástica ruta de sendeirismo pola ribeira do río con máis de medio centenar de persoas.
Ademais crearán tamén material turístico para a "Ruta dos Naufraxios" por Camariñas, e a "Ruta Val de Vimianzo".
A documentación, investigación, o deseño e elaboración da sinalización do trazado, e a creción das guías serán os traballos máis importantes. Unha proposta que potencia a boa saúde do mundo do sendeirismo na Costa da Morte.
Tamén na rede
O Obradoiro servirá tamén para crear as webs turísticas dos 3 concellos, e a creación do portal da asociación "Terra de Soneira Na Nube", unha idea semellante ao proxecto desenvolto en "Fisterra dende a Nube".
Novas relacionadas
- Traski chega á fin da terra.
- Vimianzo vai de ruta polo río Grande.
- 11-09-13: Camariñas, Vimianzo e Zas compartirán un Obradoiro de Emprego.
- Un novo couto de pesca para recuperar a troita nos ríos Grande e Cambeda.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).