Camariñas, Vimianzo e Zas compartirán un Obradoiro de Emprego


No mes de outubro comezarán a súa actividade os obradoiros de emprego previstos en Galicia. E na zona teremos varios Obradoiros que coma sempre serven para mitigar, aínda que sexa temporalmente, o tremendo efecto do paro na bisbarra. Así, os beneficiados serán os Concellos de Vimianzo, Camariñas e Zas, que terán un obradoiro conxunto para a Terra de Soneira.
Neste caso os obradoidos serán 22 persoas as que poidan acceder ao Obradoiro de "Interpretación e educación ambiental", con actividades como limpeza en espazos abertos e instalacións industriais, confección, publicación de páxinas web.
A idea inicial dos tres alcalde soneiráns era a de solicitar en común dito obradoiro para 45 alumnos e tres módulos formativos: Interpretación e Educación Ambiental, Confección e publicación de páxinas web e Limpeza en espazos abertos e instalacións. Pero ante a redución de prazas se renunciou ao curso de Limpeza.
As persoas desempregadas que desexen participar nun obradoiro de emprego teñen que acudir o antes posible a súa oficina de emprego, a de Cee maiormente, para deixar constancia do seu interese.
Novas relacionadas
- Buscando Emprego na Costa da Morte.
- A Cova da Terra achega a Zas un obradoiro de emprendemento no rural.