Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Traski chega á fin da terra

Traski chega á fin da terra
Traski chega a fin da terra co Camino dos Faros

Segunda volta. Os trasnos rematan por segunda vez a representación física do Camiño dos Faros, esa guía que nacía na rede, e da propia cidadanía, para poñer en valor o potencial natural da Costa da Morte.
O sábado 21 de decembro os trasnos, comandandos pola figura de Traski, farán a 8ª e última etapa deste Camiño dos Faros entre a Praia de Nemiña e o Faro de Fisterra con 26 km. Xa sabedes que pode participar todo o mundo, só tes que aparecer no punto de quedada no faro de Fisterra ás 7:45 da mañá.

De sairase en bus cara Nemiña e así á volta estarñan os coches agardando na fin da terra, sobre as 18:30h. É unha etapa espectacular, comezando na ría de Lires, continuano pola Mexadoira e os cantís do Rostro, subidas a Punta Castelo, Cabo da Nave e Monte Facho, antes de chegar a Fisterra.

A traca final deste Camiño dos Faros. Un xeito fantástico de descubrir os tesouros do litoral costeiro, e de imaxinar a fermosura da nosa Costa, como nos invitan a facer os trasnos con este vídeo grabado ao remate da primeira edición da ruta:

Últimas novas

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Máis novas

Fonte

Comentarios