Domingo. 09.08.2020
El tiempo

Un novo couto de pesca para recuperar a troita nos ríos Grande e Cambeda

Un novo couto de pesca para recuperar a troita nos ríos Grande e Cambeda

Que a Costa da Morte se está a convertir nunha potencia en pesca de río non é unha novidade. Levámolo apuntando neste primeiro semestre do ano, como pouco a pouco as probas do Anllóns, do Xallas, e do propio Río Grande están collendo sona internacional.
Así, na imaxe vemos ao pescador dumbriés, Carlos Vieites González de Piñeiros, Salgueiros, moi respetado no circuito.

E unha boa nova chega para os amantes da pesca na bisbarra.

A través dunha iniciativa da Sociedade de Pesca Deportiva Neria, presidida por Manuel Mouzo, e dado o paulatino descenso das poboacións de troita no río Grande, a Xunta está estudiando, de feito xa ten o proxecto sometido a información pública, a creación dun Couto de Pesca (de 6 quilómetros) nos ríos Grande e Cambeda, no Concello de Vimianzo.

Curioso é o feito de que a pesca sirva para recuperar poboación de troita nun río, pero hai que lembrar que a Sociedade de Pesca Deportiva Neria avoga pola pesca sen morte como instrumento para a recuperación piscícola destes tramos.

Datos

No caso do primeiro treito, concretamente no río Cambeda en Vimianzo, as súas características son unha lonxitude de 2,42 quilómetros, dende a ponte da estrada AC-432 ata a confluencia co río Grande. As especies pescables son a troita e a boga e vétanse a anguía e o reo. A talla das capturas é de 19 cm; cun cupo: 6 troitas /pescador/día, ademais de catro permisos por día, con cebos autorizados:na orde de vedas.

No segundo tramo do río Grande, poderá levarse a cabo pesca sen morte nun treito de río de 4,23 quilómetros, dende a minicentral de Gaioso ata a presa da Furaqueira. Aquí, daranse 6 permisos en laborables e 8 en sábados, domingos e festivos, os cebos autorizados son os permitidos na pesca sen morte.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios