O último adeus ao Torreiro do Faro Vilán
20:01 16/09/10
A pasada tarde do mércores 15 de setembro de 2010, o pobo de Camariñas daba o último adeus o torreiro do faro Vilán e pai da Mostra do Encaixe. Antonio Alonso, que falecía o pasado martes, era unha persoa moi querida na vila camariñá e en toda a Costa.
Así, xentes de toda a zona encheron de dor o propio Faro, onde se celebrou o velatorio. De alí, do momento no que vemos as fotos de Vito Diéguez, xa con máis dun centenar de persoas escoltando o coche fúnebre, partíu cara a Igrexa de San Xurxo e de aí ao cemiterio novo de Camariñas.
Novas relacionadas
- Falece en Camariñas Antonio Alonso, torreiro no Faro Vilán e un dos pais da Mostra do Encaixe.
- Un home asasina á súa muller a martelazos en Ponteceso.
Fonte
- Redacción de QPC ( [email protected] ).
- Fotografías de Vito Diéguez.