Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O Vilán, o Faro dos Faros

O Vilán, o Faro dos Faros
Exposicion de Faros de Galicia de Xose Rodino no Vilan

Chega cargada a Semana Santa en Camariñas, coa sempre imponente Mostra do Encaixe, e acompañada pola Romaría da Virxe do Monte. Pero é ademais de artesanía e troula, teremos arte. Así, dende xa e ata o 11 de maio, o Faro Vilán de Camariñas acolle a exposición “Faros de Galicia”, de Xosé Rodiño.

Milleiros de turistas que pasarán pola capital do encaixe seguro que se achegan ata o Faro, reconvertido pola Asociación de Empresarios como centro cultural, como reflicte o programa anual de actividades. Así, estas 26 obras en óleo sobre lenzo de 25 Faros da costa galega xa están á vista.

Asi loce a exposicon de Xose Rodino no Faro Vilanjpg

Nova mesa redonda

Ademais este sábado ás 11:00h celebrarase na sala de exposición do Faro Vilán de Camariñas dentro do plan de celebración do 80ª Aniversario do Cabo Vilán como Sitio Natural de Interés Nacional a mesa redonda: O FARO COMO GUÍA DOS CLUBS NAÚTICOS, con representación dos clubes naúticos da Costa da Morte: Corcubión, Muxía, Fisterra e Camariñas. Presenta o acto e modera a mesa: Xusto Carril (Radio Galega), a súa vez representando o Club Náutico de Muxía. Invitamos a todos os que queiran achegarse durante a mañá deste sábado.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios