As millonarias obras de acondicionamento da senda do Cemiterio dos Ingleses está a piques de rematar

Unha das sendas máis fermosas da comarca leva anos pedindo un arranxo, respectuoso, pero definitivo. Cada temporal, a senda que une Arou co Cabo Vilán e pasando polo Cemiterio dos Ingleses, esfolábase. O Goberno central tomou cartas no asunto e investiu case 2 millóns de euros no aconcionamento da senda.

Este pasado venres unha delegación visitaba a zona para avaliar uns traballos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico qie será rematadas antes de que remate este mes de novembro.

Pedro Blanco percorreu parte da obra xunto co xefe en funcións da Demarcación de Costas do Estado en Galicia, Carlos Gil, e a  xunto coa alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua,

As obras incluíron a disposición dunha senda peonil de 1,60 metros de ancho, redución do ancho do tramo de tránsito de vehículos de emerxencia e servizo, entre outras actuacións. Con isto búscase diminuír a presión sobre o D.P.M.T., solucionar as alteracións sobre o firme e garantir a protección da costa.

 

Máis novas