As millonarias obras de acondicionamento da senda do Cemiterio dos Ingleses está a piques de rematar

Unha das sendas máis fermosas da comarca leva anos pedindo un arranxo, respectuoso, pero definitivo. Cada temporal, a senda que une Arou co Cabo Vilán e pasando polo Cemiterio dos Ingleses, esfolábase. O Goberno central tomou cartas no asunto e investiu case 2 millóns de euros no aconcionamento da senda.
Este pasado venres unha delegación visitaba a zona para avaliar uns traballos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico qie será rematadas antes de que remate este mes de novembro.

As obras incluíron a disposición dunha senda peonil de 1,60 metros de ancho, redución do ancho do tramo de tránsito de vehículos de emerxencia e servizo, entre outras actuacións. Con isto búscase diminuír a presión sobre o D.P.M.T., solucionar as alteracións sobre o firme e garantir a protección da costa.
Máis novas