Mércores. 19.01.2022
El tiempo

Recunchos da Costa: As praias de Reira e o foxo do lobo

Continuamos, nos nosos Recunchos da Costa, a Ruta do Reira que comezabamos por Arou, e que continúa ata o Cabo Vilán. Despois da parada na praias do Trece e a Duna Monte Branco e o Cemiterio dos Ingleses toca continuarmos pola pista de zahorra para facermos outra parada completa.
Recunchos da Costa-Praias do Reira un dia de temporal
As Praias do Reira un día de temporal
Recunchos da Costa: As praias de Reira e o foxo do lobo

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Nada máis saír do Cemiterio e darlle a volta á Punta do Boi (precisamente onde naufragou o Serpent) xa disfrutaremos dunhas das vistas máis icónicas da Costa da Morte: o Cabo Vilán. De feito, a ruta é interesante facela en sentido Arou-Cabo Vilán precisamente para disfrutar destas vistas de fronte.

Despois dunha estrana urbanización, van caendo as praias de Reira, da Balea e Pedrosa que son outro tesouro da nosa natureza. Salvaxes como poucas, o vento alonxa aos visitantes e permite que a area estea sempre como unha alfombra. Un temporal nestes areais é todo un espectáculo.

Polos baixos podemos contemplar as fermosas Pedra do Oso e Pedra dos Namorados, outra das estampas máis simbólicas da zona.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Entre as dúas praias da Balea, á marxe esquerda do Camiño atopamos outro elemento etnográfico, o Foxo do Lobo. Unha estrutura singular de muros converxentes que se usaba na tradición popular para cazar a este temido cánido. Varias entidades intentan recuperar o seu legado con representacións de batidas.

Batida no Foxo do Lobo de Camarinas
Batida-no-Foxo-do-Lobo-de-Reira
Representación do Foxo do Lobo

Como chegar

Con este completo mapa do Camiño dos Faros, podedes guiarvos perfectamente, mesmo continuar de Cabo Vilán a Camariñas.

Zona de Reira co Cabo Vilan ao Fondo-Camrinas-Foto-Husamiddén Kharat Kiwán copia
Zona de Reira co Cabo Vilan ao fondo-Foto-Husamiddén Kharat Kiwán copia

RECUNCHOS DA COSTA

 

comentarios