Oito blogueiros participan na XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas

Un dos momentos do encontro Blogger que tivo lugar durante a edición do ano pasado da Mostra do Encaixe de Camariñas. Imaxe: Coolsilkara Unha das actividades paralelas á Mostra do Encaixe é o "encontro blogger" que terá lugar o xoves, 24 de marzo, ás 14 horas dentro do recinto feiral. Neste cuarto encontro participarán oito blogueiros de moda da comunidade - cinco mozas e tres mozos - que a través dos seus respectivos blogs son toda unha referencia no mundo da moda. Os participantes son Yolanda Álvarez, creadora de blog nosinmiyoli.com ; Fátima García, de fashionomy.com; Ra Dosil, de mysweetpeque.com; Raquel Gamallo, de mividaentretelas.com; Rubén Alexandre, de surviveinvogue.com; Andy González, de yourfashionmoment.com; Diego Moledo, de dmrvstyle.com y Nerea Calvo, de misseverydaybyneriblog.com. Patrocinadores da Mostra O Concello de Camariñas agradece a participación de todos os deseñadores e firmas que acoden ao evento, así como aos patrocinadores que fan posible o certame. Ademais da axuda económica da Xunta e da Deputación, varias empresas privadas e asociacións colaboran na Mostra do Encaixe con diferentes aportacións. ABanca - que patrocina a pasarela de moda-, Stolt Sea Farm, Ferroatlántica, Bodegas Marqués de Vizhoja, Frigoríficos de Camariñas, a Asociación de Empresarios de Camariñas e o Grupo Correo Gallego, así como Begano-Coca Cola, Distribuciones O Vilán, Gallego Pereira Frigoríficos, Industrias Cerdeimar y Pulpo de Camariñas, que colaboran achegando os seus propios productos como o pulpo, as conservas ou os refrescos. Os días 25 e 27 de marzo terán lugar unhas "degustacións especiais", segundo indica a organización, baixo o lema "Aplicacións da conserva: sanas por naturaza". Nestas dúas xornadas os cociñeiro Miguel Ángel Gómez falará sobre a numerosas posibilidades da conserva e preparará tres pratos: empanada descuberta de sardinilla, mexilón tigre picantón e lata de ventresca con wakamole. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Mostra do Encaixe