Os hostaleiros de Camariñas crearán un menú mariñeiro propio
Seguen formándose a rede de hostaleiros formada a raíz do proxecto do proyecto de dinamización turística "Camariñas. O mar todo”. Esta semana haberá dous cursos desta semana, que se desenvolverán mañá martes 10 e o xoves 12, centrados en deseñar un menú mariñeiro propio e en dar a coñecer os recursos naturais e mariñeiros do muncipio. Nesta última actividade, inclúese unha visita á conserveira camariñá.
A primeira acción será arredor da actividade denominada “Obradoiro para o deseño dun menú gastronómico”. A finalidade é que os profesionais poidan presentarlle aos clientes unha oferta gastronómica propia baseada en produtos locais de tempada.
O xoves 12 de xuño, a actividade leva por título “Camariñas, destino de turismo mariñeiro e de natureza” e consistirá en dar a coñecer os recursos naturais e mariñeiros do municipio a través dunha mesa redonda con empresas de ocio e de guías da zona. Farase tamén unha visita guiada á conserveira Industrias Cerdeimarpara coñecer de preto o patrimonio mariñeiro e industrial xa que o proxecto .
“Camariñas. O mar todo” traballa sobre a base de que é importante acadar un alto coñecemento dos recursos para poder así informar sobre eles aos clientes. Desde o pasado 3 de xuño e ata o vindeiro xoves 26 impartiranse as 7 accións formativas incluídas neste proxecto turístico. Todas actividades terán lugar os martes e xoves en horario de 17.00 a 20.00 horas na primeira planta do Centro de Iniciativas Informáticas.
Novas relacionadas
- Camariñas crea unha Rede Turística para unir o sector hostaleiro.
- De novelas e pintura no Faro Vilán.
- O Vilán, o Faro dos Faros.
- Un ano de actividades no Faro Vilán cos Empresarios de Camariñas.
Fonte
- Empresarios de Camariñas.