QPC cos Autobuses da Costa da Morte

21:06 10/09/10

Un cartel por toda a Costa
Unha das medidas que está artellando os equipos de Quepasanacosta e Galinus é a creación dun cartel para as paradas de bus, os puntos de información turística, e diferentes establecimentos hostaleiros de toda a bisbarra. Gracias ao patrocinio de Hotel Insua de Cee, do Albergue O Camiño das Estrelas e www.todocostadamorte.com, este cartel pode chegar a todas parroquias da bisbarra. Para difundir os horarios raremos unha ruta repartindo os carteis dende Carnota ata Camariñas, pasando por Fisterra, Corcubión, Cee, Carnota, Muxía, Vimianzo e Zas. As liñas que unen as nosas vilas con Santiago e con A Coruña tamén estarán cubertas. Temos recibido na primeira xornada de carteis moitas felicitacións. "Ostras, pois hoxe mesmo xa me preguntaron por eles" ou "E tedes que vir os de quepasanacosta para botar os horarios...". Pero tamén algunha queixa dende o norte da bisbarra. Pero é que non nos foi posible introducir os horarios de Laxe, Cabana, Ponteceso e Malpica no cartel.Como adquirir un cartel
A unidade móbil de QPC percorreu na tarde de onte os concellos de Carnota, Muros, Corcubión e Fisterra. Seguirá en marcha pero é seguro que non vai chegar a todas as casas ou establecimentos. Por iso tamén ofrecemos a posibilidade de adquirir un cartel, para o que vos instamos a que contactedes con nós en info@quepasanacosta.gal ou 637 704 893 e volos faremos chegar. Igualmente podedes descargar e imprimir o cartel pinchando en:
Descargar cartel
Tamén na rede![Image Image]()
O traballo continúa, por suposto, a través de internet. A través do espazo www.busescostadamorte.com pódense atopar os horarios integrados das 3 compañías correspondentes aos concellos da bisabrra. Horarios das liñas que unen as principais vilas da provincia, A Coruña e Santiago de Compostela, coas vilas da Costa da Morte. Así como os escasos horarios das vilas costeiras entre si.
E no Facebook tamén poden buscar por Autobuses Costa da Morte, e dende aí poderán seguir todas as novidades dos horarios.
E non marchamos sen agradecer o patrocinio dun deses hostaleiros que se preocupa polo seu entorno. O Hotel Insua de Cee, e con el o Albergue O Camiño das Estrelas e www.todocostadamorte.com aposta por coidar ao visitante, e aposta por unha mellora no servizo de transporte colectivo.
Máis información
- www.busescostadamorte.com.
- Facebook: Autobuses Costa da Morte.
Novas relacionadas
Máis novas
- Comeza a funcionar en Ponteceso o bus gratuito á praia de Valarés.
- As administracións olvidan o carril-bici.
- Un pasiño adiante cos horarios de autobuses.
- Axuda misericordiosa para a única estación de buses da Costa da Morte.
- A única e olvidada estación de buses da Costa da Morte.
Máis novas
- Difícil viaxe de volta en autobús.
- A deficiente rede de Transporte público e a presión urbanística, as maiores lacras da bisbarra.
- Editorial: A voltas cos autobuses da bisbarra.
- A necesidade dun Plan Integral do Transporte Público na Costa da Morte.
Fonte
|