Rematan as obras da travesía da Ponte do Porto

Rematadas as obras da Ponte do Porto

Proxecto complicado o da reforma da travesía da Ponte de Porto. Unha obra con case medio millón de euros que se aprobaba en setembro de 2018, pero que non comezaba ata o pasado mes de maio por unha serie de circunstancias que mesmo o ente provincial tivo que vir a explicar ao Casino.

En todo caso, a Ponte do Porto xa loce doutro xeito, con melloras de accesibilidade, coa renovación do entorno coa nova iluminación, as novas zonas axardinadas e mobiliario urbano. “O resultado paga a pena”, afirmou o presidente provincial, Valentín González Formoso.

A rexedora Sandra Insua anunciou que agora espera continuar coa segunda fase das obras, que inclúe a conexión co Concello de Vimianzo.

Camelle e Aldea Madeira

Aproveitaron a visita para ver o estado da estrada de Ponte do Porto a Camelle e a ata a vía de acceso a Camelle, lugares nos que a alcaldesa demandou á Deputación a continuación de sendas para unha maior seguridade, dúas demandas históricas municipais.

Á súa vez, visitaron a Aldea Madeira, lugar que conta co apoio do ente provincial para sacar adiante o proceso de licitación para a súa rehabilitación, tras moitos anos de abandono.

Novas relacionadas