Mércores. 28.10.2020
El tiempo

Camariñas proponse construir un Centro de Día e reabrir o abandonado complexo formativo de Aldea Madeira

Esta é a segunda e última fornada de titulados no complexo de formación hostaleira Aldea Madeira, aló por 2009. Foto: MR

Dúas infraestruturas importantes ten formulado poñer en marcha o Concello de Camariñas, co apoio da Deputación, como valoraron despois da reunión mantida o pasado venres co seu presidente.

O Concello segue formulando a necesidade da construción do Centro de Día, que será cofinanciado co ente provincial. A alcaldesa informou de que actualmente o Concello está a traballar para conseguir os terreos necesarios para levar a cabo a obra. O pasado mes de agosto a Deputación comprometíase a manter unha partida de 360.000 para a actuación.

Ademais, Valentín González Formoso ofreceu a axuda dos servizos técnicos da Deputación para elaborar o pliego de contratación necesario para a xestión do complexo de Aldea Madeira por parte do Concello de Camariñas. O complexo de formación hostaleira de Aldea Madeira está en completo abandono dende 2009, tras apenas dous cursos de actividade formativa.
Sería, dende logo, un perfecto

Novas relacionadas

comentarios