Rematan as obras da travesía da Ponte do Porto

Proxecto complicado o da reforma da travesía da Ponte de Porto. Unha obra con case medio millón de euros que se aprobaba en setembro de 2018, pero que non comezaba ata o pasado mes de maio por unha serie de circunstancias que mesmo o ente provincial tivo que vir a explicar ao Casino.
En todo caso, a Ponte do Porto xa loce doutro xeito, con melloras de accesibilidade, coa renovación do entorno coa nova iluminación, as novas zonas axardinadas e mobiliario urbano. “O resultado paga a pena”, afirmou o presidente provincial, Valentín González Formoso.
A rexedora Sandra Insua anunciou que agora espera continuar coa segunda fase das obras, que inclúe a conexión co Concello de Vimianzo.
Camelle e Aldea Madeira
Aproveitaron a visita para ver o estado da estrada de Ponte do Porto a Camelle e a ata a vía de acceso a Camelle, lugares nos que a alcaldesa demandou á Deputación a continuación de sendas para unha maior seguridade, dúas demandas históricas municipais.
Á súa vez, visitaron a Aldea Madeira, lugar que conta co apoio do ente provincial para sacar adiante o proceso de licitación para a súa rehabilitación, tras moitos anos de abandono.
Novas relacionadas
- xullo 2020: Camariñas proponse construir un Centro de Día e reabrir o abandonado complexo formativo de Aldea Madeira.
- Maio 2020: Comezaron, por fin, as obras de humanización da Ponte do Porto.
- Novembro 19: A Deputación explica o retraso das obras de humanización do paseo da Ponte do Porto.
- Setembro 2018: Importante proxecto de reurbanización para a Ponte do Porto.