Varias novidades entre os candidatos do PP ás alcaldías dos concellos do PX de Corcubión

Candidatos do PP no PX de Corcubión- Foto- Rafa Quintáns Mauricio Aufiero, Gema Freire, José Traba, Sandra Vilela, David Gómez, Raquel Rodríguez, Antonio Domínguez e Tino González serán os candidatos para as municipais do 2019 nos concellos de Camariñas, Corcubión, Fisterra, Muxía, Zas, Vimianzo, Cee e Carnota. Son os nomes que presentaba o PP este sábado en Corcubión, nun acto presidido polo presidente provincial Diego Calvo, e o vicesecretario xeral de Organización e Territorio e director de campaña para as municipais, Evaristo Ben. Moitos eran nomes máis que coñecidos pero faltaban por ratificar os nomes de Vimianzo e Carnota. Finalmente Roque fica da segundo de Raquel Rodríguez e en Carnota é Tino González o que buscará recuperar a alcaldía perdida hai case 8 anos. Ademais seguimos sen saber que pasa con Dumbría. Calvo mostrouse “convencido” de que a súa formación será a que “máis respaldo logre na Costa da Morte”, e augurou que “subiremos en moitos municipios e gobernaremos en sitios onde agora non o facemos”.
Foto do acto de Corcubión de Rafa Quintáns Serán as de maio de 2019 unhas eleccións importantes para un partido popular que na comarca segue arrasando en comicios autonómicos e estatais, pero que a nivel municipal perdeu forza, quedando nesta lexislatura con apenas 3 alcaldías. Nese sensl, Calvo explicou en que os populares “tomaron nota dos erros cometidos no pasado” para “correxilos” e recuperar o peso político perdido nas anteriores municipais.