A veciñanza e o voluntariado ambiental xúntanse para reivindicar o coidado do Xardín de Man
A familia de Mar de Fábula uníase á AVV A Pergoliña de Camelle para protagonizar unha boa limpeza colaborativa na contorna da Casa do Alemán de Camelle. Unha cita moi especial, pois xusto a entidade está de aniversario neste mes de xaneiro, e xusto nacían aló polo 2014 cunha limpeza no mesmo punto.
Unha limpeza que pretende ser moito máis, porque queren denunciar así o estado de abandono e falta de mantemento por parte das institucións que realmente poden facer algo deste patrimonio único.
A veciñanza e o voluntariado chegado de moitas partes da provincia, retiraron 42kg de lixo, entre eles un colchón, 25 kg cabos, 37 botellas, 13 latas, 89 tapóns e 3 portalentillas procedentes da perda dun contedor no ano 2019, ademais de ducias de residuos hixiénico-sanitarios.
Trala limpeza aínda recuperaron forzas no sempre acolledor Miña Nai Camelle e visitaron o Museo Man de Camelle , onde tomaron boa nota de parte da súa obra/denuncia, realizada con botellas de plástico.
Conversa con Deme
Virxinia Barros, a presidenta da entidade, mantivo ademais unha fermosa conversa con Deme, a coñecida humorista camellá.