Luns. 18.11.2019
El tiempo

Viaxes literarias, outra forma de aprender

Viaxes literarias, outra forma de aprender
Alumnxs do IES Pedra da Aguia en Sevilla Alumnxs do IES Pedra da Aguia diante da Torre del Oro, en Sevilla

Un grupo de 24 alumnos de 2°ESO do IESP Pedra da Aguia de Camariñas regresan de terras extremeñas e andaluzas por onde durante unha semana e co programa do MEC “Rutas científicas, artísticas e literarias”, percorreron os lugares máis emblemáticos da terra de Bécquer, JR Jiménez e Alberti, viron minas, covas, salinas, cidades cargadas de historia e monumentos e ata cociñaron.

A organización e o traballo por parte das monitoras foi impecable e os rapaces gozaron enormemente duns días de intercambio cultural e convivencia cos alumnos do centro de Salamanca cos que compartiron Ruta.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-alumns-do-ies-pedra-da-aguia-de-ruta-cientifica-artistica-e-literaria/ https://quepasanacosta.gal/a-biblioteca-viaxeira-de-camarinas-premio-a-innovacion-da-xunta/

Comentarios