50 novas familias poderán incorporarse en breve ao programa de compostaxe doméstica de Carballo

A día de hoxe xa son 273 familias as adheridas ao programa de Compostaxe Caseira de Carballo. Un proxecto que leva xa 6 anos en marcha, que favorece a eliminación da fracción húmida dos residuos sólidos, que é a máis pesada e supón un maior custe de tratamento. De feito, dende as as concellarías de Medio Ambiente e Obras e Servizos recoñecen que grazas á colaboración veciñal conseguimos eliminar dos colectores verdes máis de 100 toneladas de RSU ao ano.

Hoxe abriu o prazo de solicitude para que 50 novas familias poidan pedir o seu composteiro. Ademais do composteiro, as familias participantes recibirán un manual de uso e unha formación básica.

As persoas interesadas poden descargar máis abaixo o impreso de solicitude ou recollelo na Casa do Concello, e presentalo debidamente cuberto no Rexistro Xeral.

Ademais, paralelamente o Concello carballés continúa implantando a reciclaxe da 5ª fase no colector marrón.

Novas relacionadas