Martes. 10.12.2019
El tiempo

Máis de 200 familias carballesas danlle unha segunda vida a 100 toneadas de residuos orgánicos co programa de Compostaxe caseira

Hoxe venres 2 de agosto ábrese o prazo de solicitude para 50 novos composteiros, que se outorgarán por orde de rexistro
 
Así son os composteiros caseiros

Son máis de 200 as familias que crean o seu abono cos refugallos orgánicos das súas casas, gracias ao programa de Compostaxe caseira que promoce o concello de Carballo. Un programa que, tras 5 anos en marcha, permite reducir a cantidade de residuos orgánicos (contabilizan unhas 100 toneladas ao ano), e ademais permite ás familias coidar as súas hortas con abonos cen por cen ecolóxicos.

Hai por Carballo 223 composteiros espallados, súa maior parte en vivendas do rural, pero tamén os utilizan colectividades como a Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM), a Asociación Ambiental Senda Nova ou a Escola Municipal de Hostalaría.

AGora o Concello vai outorgar outros 50 composteiros. As persoas interesadas poden solicitalos presentando no Rexistro Municipal, un formulario de solicitude de participación.

Novas relacionadas

Comentarios