Xoves. 28.03.2024
El tiempo

TI TES A CHAVE

Carballo, concello piloto na instauración da 5ª fase da reciclaxe caseira

Ti tes a chave carballo si non carballo
Ti tes a chave carballo si non carballo
Carballo, concello piloto na instauración da 5ª fase da reciclaxe caseira

Ata agora estamos acostumados a separar o vidro no contedor verde, o papel no azul, o orgánico no verde, e os plásticos e envases no amarelo. O marron é a nova cor da nova fase de recollida selectiva da fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos que se vai aproveitar para facer compost. 

Onte o Concello presentaba o programa, aberto á participación de toda a cidadanía, “Ti tes a chave”. Un proxecto vinculado ao de Compostaxe Caseira, e que pretende aproveitar boa parte dos nosos residuos orgánicos para facer compost. Carballo, xunto Laracha, son dous dos concellos piloto en Galicia.

En Carballo ti_tes_a_chave do voluntariado
Presentacion do proxecto en Carballo

O Concello invita a todo o mundo a participar (compre só inscribirse), e recibirás en casa un “kit” que consta de un caldeiro de 10 litros de capacidade, tres atados de bolsas compostables, un tríptico informativo e unha chave para abrir o contedor da túa rúa.

A campaña dirixida a familias complementarase con outra para os grandes produtores: bares, restaurantes, froitarías, peixarías... Neste caso realizaremos visitas porta a porta para establecer as condicións de participación máis axeitadas a cada establecementos.

Comentarios