50 novas familias poderán incorporarse en breve ao programa de compostaxe doméstica de Carballo

A día de hoxe xa son 273 familias as adheridas ao programa de Compostaxe Caseira de Carballo. Un proxecto que leva xa 6 anos en marcha, que favorece a eliminación da fracción húmida dos residuos sólidos, que é a máis pesada e supón un maior custe de tratamento. De feito, dende as as concellarías de Medio Ambiente e Obras e Servizos recoñecen que grazas á colaboración veciñal conseguimos eliminar dos colectores verdes máis de 100 toneladas de RSU ao ano.
Hoxe abriu o prazo de solicitude para que 50 novas familias poidan pedir o seu composteiro. Ademais do composteiro, as familias participantes recibirán un manual de uso e unha formación básica.
As persoas interesadas poden descargar máis abaixo o impreso de solicitude ou recollelo na Casa do Concello, e presentalo debidamente cuberto no Rexistro Xeral.
Ademais, paralelamente o Concello carballés continúa implantando a reciclaxe da 5ª fase no colector marrón.
Novas relacionadas
- 400 familias e 41 empresas xa son usuarias do servizo de colector marrón de residuos orgánicos de Laracha.
- Carballo, concello piloto na instauración da 5ª fase da reciclaxe caseira.
- Máis de 200 familias carballesas danlle unha segunda vida a 100 toneadas de residuos orgánicos co programa de Compostaxe caseira.