Mércores. 23.10.2024
El tiempo

63 deportistas forman a expedición carballesa nos Xogos do Eixo Atlántico

Carballeses nos Xogos do Eixo Atlantico
63 deportistas forman a expedición carballesa nos Xogos do Eixo Atlántico

Braga acolle este ano os Xogos do Eixo Atlántico, un evento transfronteirizo único en Europa que se celebra con periodicidade bianual e que ten como obxectivos a promoción do deporte, a convivencia entre a mocidade. Nesta edición, que se celebra do 30 de xuño ao 5 de xullo nas cidades portuguesas de Braga e Vila Nova de Famaliçao, Carballo conta coa delegación máis numerosa da historia (Concello de Carballo vén participando  en todas as edicións desde o ano 2009), xa que acode cun total de 63 deportistas.

Será a delegación carballesa máis participativa e unha ampla representación da realidade deportiva local: fútbol e voleibol femininos e fútbol, baloncesto e balonmán masculinos. Xunto á ampla canteira deportiva, que se artella a través das entidades AD Xiria, Club Baloncesto Artai, Escola Basket Xiria, Escolas Balonmán Xiria e Bergantiños FC, viaxaron a Portugal 5 adestradores e 5 delegados. Á fronte da expedición estará o técnico de Deportes Manolo Varela Bardanca, que tamén é membro do comité de competición dos Xogos e do secretariado executivo de deportes do Eixo Atlántico en representación do Concello de Carballo.

Nesta 15ª edición dos Xogos do Eixo Atlántico participan 168 equipos, que agrupan a un total de 2.378 deportistas dos concellos galegos e portugueses integrados na asociación transfronteiriza. 

 

Comentarios