Martes. 19.11.2019
El tiempo

Aprobada a concesión de axudas para o alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e do Conservatorio de Música de Carballo

Aprobada a concesión de axudas para o alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e do Conservatorio de Música de Carballo
Orquestra de corda do CMUS carballes O Concello de Carballo ven de facer pública no documento que pode descargarse aquí a relación de beneficiarios/as e excluídos/as na convocatoria de axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e do Conservatorio Profesional de Música. Un total de 282 alumnos/as de Educación Infantil e 33 do CMUS recibirán neste curso 2017-18 as axudas convocadas pola Concellería de Educación. No primeiro caso son bolsas de 150 euros e no segundo equivalen ao 50% do custe da matrícula. En total, as achegas aprobadas polo Concello de Carballo suman 48.093,91 euros.  

Comentarios