O Aquelarre das Meigas invocou as lendas e denunciou o abandono do Monte Neme
25 de xuño de 2020 (10:21 h.)
Non fallou. O día de San Xoan, co gallo do solsticio de verán, a Plataforma Monte Neme organizou o seu case tradicional Aquelarre das meigas. O acto, que tamén ven sendo o cabodano da plataforma, congregou a medio cento de persoas e meigas no cumio deste mítico monte.
No crómlech, as meigas fixeron o seu conxuro no que botaron un meigallo para reivindicar as lendas Monte Neme e o seu patrimonio e denunciar a situación de abandono á que se lle suma a nova ameaza dos eólicos.
Posteriormente a Meiga Maior, Rosalía Fernández Rial, presentou en exclusiva o seu novo libro "Árbores no deserto" falándonos de mulleres que, como as meigas, cun espirito indómito, foron a voz do poder da muller no seu contexto histórico.Rosalía Fdez. Rial é a Meiga Maior
O evento pechouse ca música tradicional do grupo Seis Reás.
Novas relacionadas
- Marzo 20: Piden á Xunta a restauración integral da explotación mineira do Monte Neme.
- Xuño 19: O Aquellare na Eiras espantou á meigas do Monte Neme e nomeou a Rosalía Fernández como Meiga Maior.