Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Aquellare na Eiras espantou á meigas do Monte Neme e nomeou a Rosalía Fernández como Meiga Maior

Aquelarre das Meigas no Monte Neme1
O Aquellare na Eiras espantou á meigas do Monte Neme e nomeou a Rosalía Fernández como Meiga Maior

Curiosa e simbólica celebración a qur protagonizaron membros da Plataforma pola defensa de Monte Neme o pasado domingo 23, día das cachelas. Un acto que tamén ven sendo o aniversario da plataforma, congregou a medio cento de persoas e meigas no cumio deste mítico monte.

O ritual comezou coa peregrinaxe das asistentes dende a fonte de Santa Cristina ata á Eira das Meigas, como contan as lendas que facían as meigas que se congregaban neste Aquelarre (un dos dous máis importantes de Galicia no solsticio de verán, canda o da praia de Areas Gordas en Cangas).

Logo, xa no crómlech da Eira das Meigas, no aquelarre simbólico fixose o Conxuro, para botar o meigallo, unha sorte de alegato patrimonial e ambiental contra ás persoas que non respetan o elemento patrimonial da Eira das Meigas nin o medioambiente do Monte Neme.

Rosalia Fernandez Rial Meiga Maior do Monte Neme

Este ano, como novidades, fíxose por primeira volta, o Xuramento do Monte Neme e o nomeamento da Meiga Maior. O conxuro faise pensando no fomento dun turismo responsable e comprometido cuns valores ambientais e culturais. A Meiga Maior do Monte Neme, neste ano 2019, foi nomeada a poetisa local Rosalía Fernández Rial, que recordou as herbas máxicas do San Xoán, con poema de Paco Souto, e, con poema propio, nos definiu as meigas como esas mulleres especiais que non encaixan na sociedade común.

O evento pechouse cunha amena sesión vermú, de parolada e baile. De fondo, a música tradicional do grupo Seis Reás e as Sisargas, os Baixos, a Lagoa de Baldaio e todo Bergantiños.

Aquelarre das Meigas no Monte Neme

Comentarios