Martes. 26.05.2020
El tiempo

Piden á Xunta a restauración integral da explotación mineira do Monte Neme

Imaxe actual do estado da mina do Monte Neme
Imaxe actual do estado da mina do Monte Neme
Piden á Xunta a restauración integral da explotación mineira do Monte Neme

Que se teña convertido nun lugar “fetiche” nas redes e ata nunha imaxe turística, é un bo exemplo da sociedade ridiculamente superficial na que estamos inseridos. A imaxe singular por diante da catástrofe medioambiental. O selfie virtural fronte á recuperación da nosa natureza.

O lamentable deterioro do espazo destrozado pola explotación mineira do Monte Neme, agravado, em febreiro de 2014, pola rotura dunha das balsas que produciu unha riada de máis de 24.000 metros cúbicos auga e lodos sobre dúas parroquias de Carballo e Malpica de Bergantiños, segue a ser unha preocupación para os colectivos medioambientais.

Volve ser a asociación Petón do Lobo, a que alza a voz e “solicita ao alto comisionado do Parlamento de Galicia que apremie á Consellería de Industria a levar a cabo a execución directa do plan de restauración da antiga explotación mineira de cuarzo e áridos aprobado en 2014 ante a imposibilidade de cobro á empresa responsable da desfeita provocada pola actividade extractiva ao estar xa disolta por resolución xudicial firme”.

Vai máis alá a entidade bergantiñá e “solicita unha ampliación do citado plan de restauración, cuantificado pola Administración galega en 794.000 euros, e que se proceda tamén ao drenaxe e selado das balsas mineiras das antigas minas de wolframio, co obxectivo de protexer a seguridade persoal e medioambiental da contorna”.

A entidade pide que a Valedora do Pobo se posicione co asunto, pois mentres non se faga nada, o espazo segue aberto, sen información ningunha sobre a súa toxicidade.

Novas relacionadas

comentarios