A Asociación Alas trae charlas sobre LGTBI aos centros de ensino carballeses
Canta faltan fan estas sesións nas que se naturalice dende a adolescencia a riqueza da diversidade sexual, e para previr posibles casos de acoso ou discriminación contra persoas do colectivo LGTBI.
É a Asociación Alas, da Coruña, a que a través dun programa da Concellería de Igualdade de Carballo está levando charlas polos centros de ensino carballeses. Os últimos en participar foron os estudantes de 3º e 4º cursos da ESO do IES Alfredo Brañas, despois de toda unha semana de sesións intensas para afondar no coñecemento de terminoloxía básica sobre orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.
Traballouse tamén no uso de linguaxe inclusiva, fíxose fincapé na recomendación para “saír do armario”, e para animar a recoñecer e denunciar a discriminación e consecuencias do acoso LGTBIfóbicos. O traballo realizouse en grupos reducidos, utilizando distintos materiais de apoio.
Outras novas LGTBI
- Setembro 21: En marcha a primeira Organización LGBT+ no sur da bisbarra.
- "Confesar que es LGTBI faise aínda moito máis complicado se vés dunha vila”.
- 05-07-21: O arco da vella invadiu ás prazas da Costa da Morte en repulsa ao asasinato homófobo de Samu.
- 28-06-21: Implicación dispar na celebración do Día Mundial LGTB+ .
- A exposición “A Rede Visible” visibiliza ás mulleres LBT por Carballo.
- 2018: “Os reclusos teñen menos prexuízos coa miña orientación sexual ca moitos compañeiros funcionarios de prisións”.
- 2018: Pablo San José: "Eu son un mozo transexual e vou á miña aldea como pode ir o meu primo, que tamén é un rapaz”.
- Mon Lendoiro: “Cambiaría moito a cousa que a xente fose saíndo do armario”.