En marcha a primeira Organización LGBT+ no sur da bisbarra

Un colectivo de “veciñas, veciños e veciñes” de Muros, Outes, Mazaricos e Carnota traballan para crear a primeira organización LGBT+ da comarca, Avante LGBT+ Ría da Estrela (Norte).
A idea é agruparse dentro da organización galega Avante LGBT+ sendo a primeira asamblea propiamente rural, xa que Avante LGBT+ ten implantación nas 7 cidades galegas.
O proceso desencadenouse a raíz do interese xerado na zona, e o grupo promotor segue xestionando contactos nas zonas Noia, Porto do Son e Lousame, para intentar crear unha entidade común para ese territorio.
”Non descartamos que, tras as vagas de odio que hai en contra do colectivo tamén se sumen compañeires de toda a Costa da Morte”, animan dende o sur da bisbarra. ”Animamos a todas as persoas que así o desexan a poñerse en contacto co mail Nacional de Avante LGBT+ e as súas redes sociais ou se precisan coñecer máis deste movemento que xurde na Ría da Estrela chamen ao teléfono 627737874”.
Novas relacionadas
- Xullo 21: "Confesar que es LGTBI faise aínda moito máis complicado se vés dunha vila”.
- 05-07-21: O arco da vella invadiu ás prazas da Costa da Morte en repulsa ao asasinato homófobo de Samu.
- 28-06-21: Implicación dispar na celebración do Día Mundial LGTB+ .
- A exposición “A Rede Visible” visibiliza ás mulleres LBT por Carballo.
- 2018: “Os reclusos teñen menos prexuízos coa miña orientación sexual ca moitos compañeiros funcionarios de prisións”.
- 2018: Pablo San José: "Eu son un mozo transexual e vou á miña aldea como pode ir o meu primo, que tamén é un rapaz”.
- Mon Lendoiro: “Cambiaría moito a cousa que a xente fose saíndo do armario”.