Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Axober Work Party debateu sobre o fraude do control do horario laboral e a contratación temporal

Axober_work_party en Carballo
Axober Work Party en Carballo
A Axober Work Party debateu sobre o fraude do control do horario laboral e a contratación temporal

O pasado venres tivo lugar no Forum Carballo a Axober Work Party. Unha reunión empresarial que contou coa participación dunha vintena de persoas.
O xefe da Inspección de Traballo da Coruña, Benigno Sánchez, concentrou a súa ponencia en explicar o contido do Decreto-Lei do 8 de marzo que regula a rexistro da xornada de traballo antes de atender as preguntas dos asistentes, entre os que hai empresarios/as, profesionais de xestorías sobre todo, traballadores/as….

Na contextualización previa, Benigno Gómez, ofreceu datos moi interesantes sobre o labor da Inspección. Por exemplo, que para este ano están previstas 16.400 inspeccións ou que ata setembro deste ano abríronse 1.778 actas de infraccións, afloraron 1.976 empregos indefinidos ou a recadación por fraude foi de 30,6 millóns. Todos estes datos corresponden á provincia.

Tamén comentou que o fraude na contratación e o fraude no tempo de traballo son os temas onde se están centrando os esforzos "porque entendemos que é onde está o tuétano da precariedade laboral”.

Contratos temporais

Lembraron que nos últimos dez anos en España asináronse 150 millóns de contratos temporais, un 27% polo 16% de media da zona UE. "É unha barbaridade insoportable. É o país da eurozona que máis contratación temporal ten”.

Fenda de xénero

Outro dos temas recurrentes foi a cuestión de xénero, destacando que as mulleres cobran un 8% menos que os homes (“a brecha salarial existe”) e que o emprego temporal dase sobre todo nas mulleres, aínda que aumentou entre os homes dende a crise.


O poñente, Benigno Sánchez, xefe da Inspección de Traballo da Coruña, sentaron o tesoureiro de Axober, Raúl Cantorna, e o concelleiro de Formación e Emprego, Iván Andrade. 
 

Comentarios