O campamento de verán de Un paso Máis: convivencia, aprendizaxe e ilusión compartida

Este verán está a ser moi especial para a familia da Agrupación Deportiva Un paso máis. A entidade está desenvolvendo o seu primeiro campamento de verán nas instalacións do CEIP Xesús San Luis Romero, vivindo "unha experiencia que, sinceramente, nos emociona cada día". Este Obradoto de Estimulación de Verán, executado polo Centro de Especialidades de Isabel García, é moito máis ca unhas simples actividades de verán: é convivencia, aprendizaxe e ilusión compartida.

As profesionais do Centro, co seu saber facer e a súa paciencia infinita, están a crear un espazo onde todos os nenos e nenas que asisten —todos con algunha discapacidade— se senten parte importante do grupo. Un grupo que gracias ao bo desenvolvemento da actividade e ao reforzo do persoal así como ao voluntariado, puidose ir ampliando tirando da lista de espera e puidendo ofrecer este espazo de esíxeno para 30 familias que por primeira vez teñen as mesmas oportunidades de conciliación que o resto da veciñanza.

Dende a entidade queren destacar ás rapazas novas voluntarias. "Iso énchenos de esperanza. Ver rapazas e rapaces con tantas ganas de botar unha man, de aprender e de sumar, é un recordatorio fermoso de que o futuro tamén se constrúe con xente comprometida e xenerosa".

A entidade agradece ao Concello como a Caixabank a colaboración pois o custo real dun proxecto coma este sería imposible de asumir para as familias.

Máis novas