mércores. 12.02.2025
El tiempo

Un Paso Máis promove a creación de Patios Dinámicos e Inclusivos nas escolas

Taller Patios Inclusivos Un Paso Mais
Un Paso Máis promove a creación de Patios Dinámicos e Inclusivos nas escolas

O Fórum Carballo acolleu este sábado unha interesante xornada formativa artellada pola Asociación Un Paso Máis sobre Patios Inclusivos e Dinámicos. Docentes de todas partes da provincia da Coruña e mesmo de Pontevedra chegaban para aprender sobre  a posta en marcha destes espazos escolares formulados para todos, sen exclusións.

Dolores Hortas e Laura García relataron como se soñan, deseñan e fan reais eses patios que non son só patios, senón escenarios vivos, cheos de aprendizaxes invisibles. Mar Eirís, desde o IES Eduardo Parga Pondal, sumouse ao coro para falar dos pasos no seu centro.

Vanessa Cabeza contou as aventuras de Un Paso Máis camiñando canda as familias da comarca.Taller Patios Dinamicos Un Paso Mais

Foron Valentín Costa e Karla July Fernández os que lembraron que o xadrez non é só un xogo, senón que tamén é "unha medicina, un punto de encontro". "O xadrez non só move pezas, senón tamén barreiras", e debullaron como unha clase pode transformarse nunha partida, e unha partida nunha lección de vida. Karla, ademais, compartiu os segredos de como o xadrez pode ser un aliado na travesía do TDAH e o TEA.

Pola tarde Isabel García desenvolveu o seu taller sobre condutas TEA, que ofrece ferramentas para saber como abordar unha rabieta, non como un obstáculo, senón como unha oportunidade de comprender.  

E así foi como rematou o día, "cunha sensación de semente plantada, de futuro que xa anda a medrar", explican dende a comprometida entidade.

Máis novas

Comentarios