Carballo abre o prazo de presentación para o XXIII Certame de Fotografía Xosé Manuel Eirís

Xa está aberto o prazo do XXIII Certame de fotografía Xosé Manuel Eirís do Concello de Carballo. Ata o 12 de marzo, os participantes poderán presentar as súas candidaturas para este premio que orece máis de 3.000€ en premios (1.500 para o gañador).

Un premio que quere lembrar a un gran animador da cultura carballesa, e que serve de recoñecemento para as entidades culturais da comarca, pois caad ano é parte do xurado un membro dunha asociación.

 

Novas sobre o premio